AM I WHAT?

DATOS BÁSICOS

DANZA

Cía. Elvi Balboa

Idade recomendada:  Para todos os públicos

 

Durante a viaxe os corpos móvense polo desexo de ser vistos. Emerxe o ego entre a suor da multitude. A vida é unha viaxe de corpos que desexan e se moven. Unha voz di: ver a secas. ‘Am I what?’ É a forma escénica que toma a necesidade de cuestionar quen son. Esta pregunta xorde dunha ampla experiencia como intérprete dentro do xerárquico e ambivalente mundo da danza, no que o individuo –que se cuestiona a si mesmo– e o colectivo que ten o potencial de arrasar con el, batallan pola supervivencia. É o desexo de amosar o ego, o desexo individual, que pode verse incluso negativo por unha sociedade na que, aínda sendo natural o seu desenvolvemento, anúlao, engúleo. ‘Am I what?’ é un conflito escénico irresoluble, que vehicula a mensaxe de todos os corpos que desexan ser vistos como individuais, recoñecerse e ser recoñecidos alén da colectividade á que pertencen.

Duración: 
15 min
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite

Máximo 2 convites por persoa

Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio. 

____

Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal

Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.

De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados

Funcións: 
Luns, 10 Agosto, 2020
20:00
Parque de Bonaval
MULTIMEDIA

AM I WHAT ? T E A S E R