ALINE FRAZÃO

DATOS BÁSICOS

A cantora angolana Aline Frazão presenta Dentro da chuva, o seu cuarto disco, gravado no Río de Janeiro. Será nun concerto especial polo 25 de abril, Día da Liberdade, con convidados especiais: a cantora brasileira Kátya Teixiera, a galega Uxía e o multi-instrumentista "brasilego" Sérgio Tannus.

 

Cantora, compositora, letrista, instrumentista e produtora, deuse a coñecer no festival Internacional da Lusofonía Cantos na maré e gravou o seu primeiro traballo discografico, Clave bantú (2011), en Santiago de Compostela onde residiu durante un tempo antes de dar o seu salto internacional con Movimento (2013) e Insular (2015). O seu novo traballo, Dentro da chuva (2018) coloca a cantora angolana nun case “guitarra e voz” minimalista e poético que a reafirma como un dos grandes novos valores da música lusófona.

Duración: 
90
Entradas: 

De balde, previa retirada de convite no despacho de billetes do Teatro Principal (desde o día 23, de 18 a 21 h) e na Sala Capitol o día do concerto.

Funcións: 
Xoves, 25 Abril, 2019
20:30