ALIEN, O OITAVO PASAXEIRO (1979)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | CICLO CINEMA E FEMINISMO:

“BEDCHEL EN HOLLYWOOD”

A sesión comezará cunha mesa de debate: O ESTADO DAS COUSAS

Tentarase testar o rol da muller no cinema que se fai na actualidade e no pasado, a cuestión das cuotas, separar ou non a persona da obra... ao finalizar proxectaráse ALIEN porque cremos que aínda que é un filme extrardinario, utilízase como un feminismo de 'falsa bandeira' por así dicilo, cunha personaxe moi poderosa interpretada por unha muller, pero completamente masculinizada. De feito ALIEN foi dos primeiros filmes nos que as personaxes no guion non tiñan xénero asignado.

Tamén falarase da programación do propio festival e de filmes como o último de Polanski ou de Mektoub, my love, de Abdellatif Kechiche, no que é difícil dicir se é un canto á cosificación feminina ou un filme hedonista sobre a xuventude. Vamos, polemizar un chisco e pasalo ben.

A mesa estará moderada por Laura Seoane, a directora del festival, e participarán:

Ángeles Huerta, realizadora e presidenta de CREA

María Núñez, foi codirectora do festival de cinema fantástico FKM

Mireia Iniesta, actriz e docente especializada en xénero

PROXECCIÓN

Ridley Scott

Estados Unidos / 116 min. / Ciencia ficción, terror / Inglés

 

Ficha artística:

Sigourney Weaver, John Hurt, Yaphet Kotto, Tom Skerritt, Veronica Cartwright, Harry Dean Stanton, Ian Holm

 

Ficha técnica:

Guión: Dan O'Bannon

Música: Jerry Goldsmith

Fotografía: Derek Vanlint

 

Sinopse:

Volvendo cara á Terra, a nave de carga Nostromo interrompe a súa viaxe e esperta os seus sete tripulantes. NAI, o ordenador central, detectou a misteriosa transmisión dunha forma de vida descoñecida procedente dun planeta próximo aparentemente deshabitado. A nave diríxese entón ao estraño planeta para investigar a orixe da comunicación.

 

1979: premio aos mellores efectos visuais e candidatura á mellor dirección artística nos Premios Óscar

1979: premio ao mellor deseño de produción e á mellor banda sonora e sete candidaturas nos Premios BAFTA

1979: candidatura á mellor banda sonora nos Globos de Ouro

1979: premio á mellor fotografía e aos mellores efectos especiais no Festival de San Sebastián

Duración: 
1 h 57 min
Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Xoves, 14 Novembro, 2019
20:00
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia