ALI & AVA (2021)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA 

Clio Barnard

Reino Unido / 95 min / Ficción / Inglés

Ficha artística

Adeel Akhtar, Claire Rushbrook, Ellora Torchia, Shaun Thomas

Ficha técnica

Guión: Clio Barnard

Fotografía: Ole Bratt Birkeland

Edición: Maya Maffioli

Produción: BBC Films, BFI Film Fund, Moonspun Films

Por diferentes razóns, Ali e Ava séntense sós. Coñécense a través de Sofía, a filla dos inquilinos eslovacos de Ali a quen Ava coida. A partir de aí e durante un mes lunar, unha conexión profunda comeza a crecer entre eles, a pesar das secuelas da relación anterior de Ava e a confusión emocional de Ali; e todo iso alimentado pola paixón de ambos pola música.

Clio Barnard

(Santa Barbara, Estados Unidos, 1965)

Estudou Belas Artes na Universidade de Northumbria antes de dirixir as curtametraxes Lambeth Marsh (2000), Random Acts of Intimacy (2002), e Flood (2003). En 2010 debutou na longametraxe con The Arbor. Logo seguíronlle The Selfish Giant (2013), Dark River (2017) e Ali & Ava (2021), estreada na Quincena de Realizadores de Cannes

Duración: 
95 MIN
Funcións: 
Venres, 19 Novembro, 2021
18:15
Teatro Principal
Sábado, 20 Novembro, 2021
16:00
Salón Teatro