ALBERT PLA PRESENTA MIEDO

DATOS BÁSICOS

O novo espectáculo de Albert Pla titúlase "MIEDO" e neste novo proxecto afonda na utilización de música e cancións, textos teatrais e tecnoloxías vangardistas para crear un espectáculo multimedia de poética sorprendente.

O texto propón unha viaxe íntima por todas as etapas do home, desde a infancia até máis aló da vida terrea, cargado de sensacións, emocións e sentimentos nados da pantasma que habita na nosa mente. Alimentado polos nosos pensamentos: o medo. Nesta peza de teatro musical, concerto ou recital teatralizado, convídase a realizar un repaso cargado de ironía polos temores humanos cotiáns tales como o medo a un mesmo ou o temor á morte.

MIEDO é un espectáculo de gran impacto visual onde a proxección é gran protagonista e “nueveojos” un dos estudos de referencia en Europa e pioneiros no mundo do mapping súmanse ao proxecto. Entre as súas creacións destacamos o mapping da Casa Batlló de Gaudi.

A achega do deseño de arte é de “Mondongo",Juliana Lafitte e Manuel Mendanha, unha parella de artistas arxentinos de recoñecido prestixio no mundo da arte que expoñen en museos e galerías de todo o mundo.

As músicas foron compostas por Raül Refree: músico, compositor e un dos produtores musicais máis talentoso de España.

O director teatral Pepe Miravete, convértese nun habitual da casa volvendo dirixir este novo espectáculo.

A estrea mundial foi en Buenos Aires no Teatro Regio do 25 de xaneiro ao 11 de marzo de 2018, sumando un total de 28 funcións co teatro cheo e o público en pé.

É unha produción do Complejo Teatral de Buenos Aires.

Entradas: 

14 € (Descontos habituais do 50%)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 25 Xaneiro, 2020
20:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA

TEASER BAILANDO,#MIEDOalbertpla