AL DI LÀ DEL BENE E DEL MALE / MÁIS ALÁ DO BEN E DO MAL

DATOS BÁSICOS

Dirección: Liliana Cavani

Italia, Francia, Alemaña Occidental (RFA) / 1977 / Longametraxe / Ficción / Italiano

Ficha artística

Dominique Sanda, Erland Josephson, Robert Powell, Virna Lisi, Michael Degen, Elisa Cegani, Umberto Orsini.

Ficha técnica

Guión: Liliana Cavani, Franco Arcalli, Italo Moscati.
Fotografía: Armando Nannuzzi.
Música: Daniele Paris.
Produción: Silvio Clementelli, Esa De Simone, Robert Gordon Edwards.

Sinopse

Filme baseado nalgunhas pasaxes supostamente biográficas do filósofo alemán Friedrich Nietzsche. Céntrase sobre todo no triángulo amoroso entre o filósofo, a estimulante Lou Andreas Salomé e o psicólogo Paul Rée. Nietzsche, incapaz de levar unha vida exenta de regras como a de Lou, e aborrecido da súa hipócrita educación burguesa, acaba enlouquecendo.

Duración: 
127 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Domingo, 11 Novembro, 2018
16:00
Museo das Peregrinacións