ACTIVIDADES_UTÓPICAS. ARTE E TERRITORIO

DATOS BÁSICOS

Utópicas propón explorar os campos de traballo artístico situados arredor do concepto de territorio como espazo material e simbólico.  Seguindo o formato dos laboratorios cidadáns están en marcha diversos proxectos colectivos cuxo resultado poderá visitarse no Auditorio de Galicia en outubro de 2022.

CORPOS EN RESISTENCIA: Laboratorio de reflexión e creación arredor da migración que busca visibilizar e reivindicar as identidades e vivencias das persoas migrantes e/ou racializadas na cidade desde os seus propios relatos e subxectividades.

Buzón de queixas antirracista_Xoves 15 de setembro

Instalación temporal de buzóns en diferentes espazos da cidade para a recollida de testemuños sobre situacións  de racismo e discriminación.

Dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas

PERCORRENDO A MEMORIA. Laboratorio de mapeado colaborativo e recollida de memoria das mulleres do barrio dos Concheiros - As Fontiñas.

Obradoiro de mapeado colectivo_Sábados 17 e 24 de setembro e 8 de outubro de 11.00 a 13.00 h

Centro Sociocultural das Fontiñas

Dirixido a mulleres maiores de 40 anos que viven ou vivirán no barrio.

Se estás interesada en participar podes anotarte no CSC das Fontiñas, no correo electrónico utopicas@7hcoop.gal ou solicitar información no 645551184.

LIBROS QUE FAN BARRIO. BARRIO DE SAN PEDRO_Laboratorio de deseño e creación de minibibliotecas de rúa para articular espazos públicos de sociabilidade, repouso e comunidade na área do barrio de San Pedro.

Solta de libros_Sábado 24 de setembro a partir das 17.00 h. Instalación de pequenos puntos de lectura (ou bookcrossing) en diferentes espazos públicos do barrio.

'Desafógate! Neste barrio, as túas inquedanzas poden ser arte'_Xoves 6 de outubro de 18.00 a 20.00 h. Acción colectiva de escrita creativa. Aberto á participación da veciñanza do barrio barrio (entre a rúa do Rosario e rúa do Medio)

Instalación artística_Xoves 13 de outubro. Instalación efémera para a difusión do proxecto Libros que fan barrio (Praciña entre a rúa do Rosario e a rúa do Medio). Aberto á participación da veciñanza do barrio

Recital de poesía_Venres 14 de outubro de 19.00 a 20.00 h. Presentación pública de Libros que fan barrio, recital de poesía e micro aberto. Aberto a todos os públicos (Praciña entre a rúa do Rosario e a rúa do Medio)

NA PROCURA DUN BOSQUE. Laboratorio para transformar o espazo urbano desde os coidados e o xogo libre, recuperando a cidade para a infancia, poñendo en valor os espazos verdes de Compostela e integrando a perspectiva lúdica e os coidados na análise do territorio

Intervención colectiva de land art_Venres 7 de outubro desde ás 17:30h. Parque da Praza de Vigo. Dirixido a familias con crianzas

Instalación artística_Sábado 15 de outubro desde as 9:30h (aprox.). Praza Aurelio Aguirre de Conxo. Instalación efémera para reivindicar as crianzas como habitantes de pleno dereito do territorio e retomar a rúa como espazo seguro para o xogo.

Instalación artística_Sábado 15 de outubro desde as 12.00h (aprox.). Parque infantil da rúa Julia Minguillón de Santa Marta. Instalación efémera para reivindicar a necesidade de incorporar o fomento do xogo simbólico no deseño de espazos de uso para crianzas.

 

 

 

 

Funcións: 
Xoves, 15 Setembro, 2022 a Xoves, 20 Outubro, 2022
Varios lugares