32 M2

DATOS BÁSICOS

BUTACAZERO

EscenaGZ

TerritoriodasMulleres

Idade recomendada: adultos

Duración: 80 min

Idioma: galego

Xan e Mar fican confinados no seu pequeno apartamento por mor dun  virus. Estantes cheos de comida, cervexa e papel hixiénico. E todo parece un xogo. Quita o sofá para poñer a cama. Quita a cama para poñer a cea. Saca medio corpo pola pequena fiestra para pillar a wifi da veciñas… E escoitar, ás 20h, os aplausos nos balcóns de quen os ten.

Pasan os días ordenando e limpando. Fan exercicio na bicicleta estática que ninguén recordaba ter. E volta a limpar e a ordenar compulsivamente. Ioga, pilates e abdominais nese intento por acalmar a incredulidade, a incerteza, a indefensión, o medo (o terror). E atopar -entre crise e crise- cousas boas e fermosas: a felicidade das pequenas cousas que non adoita aparecer no estrés da xa vella normalidade.

O caso é que pouco a pouco imos vendo como esta felicidade agocha moita merda debaixo das alfombras. Unha merda que, coma o virus, comeza a expandirse. Non hai traballo, e sen el non hai cartos, e sen cartos non hai comida, nin cervexa nin papel hixiénico. Por se fose pouco as veciñas cortaron o internet.

E daquela, soa o teléfono. O de sempre. O de antes. O antigo. O que xa ninguén recordaba ter. Como a bicicleta estática. Como a vella normalidade. Unha voz informa a Mar dunha nova arrepiante. Unha nova que o vai cambiar absolutamente todo: a nai de Mar acaba de morrer nunha residencia. Pero, a nai de Mar estaba viva? Ah si! É que en realidade, ninguén se acordaba xa dela. Como da bicicleta estática. Como do teléfono vermello que agora queima na propia man.

Autora: Esther F. Carrodeguas

Dirección: Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas

Escenografía: Beatriz de Vega

Deseño son: Rodrigo Cuevas

Deseño iluminación: Beatriz de Vega

Vestiario: Alicia Root

Música: Rodrigo Cuevas

Coreografía: Alba Blanco

Elenco artístico: Nuria Gullón e Xurxo Cortázar

Web da compañía: https://butacazero.net/

Duración: 
80 min
Entradas: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

12 euros

  • Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 7 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal
Sábado, 8 Maio, 2021
20:30
Teatro Principal
MULTIMEDIA

32m² | TEASER