YLLANA
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 85 min
Lingua: castelán
Premio Max ao mellor espectáculo musical 2019
Unha peculiar troupe de ópera, composta por cinco excéntricos cantantes, disponse a realizar un recital cun repertorio dos máis grandes compositores do xénero. Ao longo da representación iranse desvelando as paixóns ocultas e os anhelos de cada un deles, que traerán consecuencias disparatadas e difíciles de predicir. Será unha noite para recordar!
Cinco cantantes líricos son os protagonistas de The Opera Locos, un espectáculo cómico operístico no que os grandes éxitos da ópera se fusionan con outros estilos musicais da forma máis orixinal. Cunha singular posta en escena, coidada estética e o sentido da comedia de Yllana, The Opera Locos consigue crear unha experiencia nova e diferente á hora de experimentar a ópera e, sobre todo, achegala a todos os públicos dun xeito fresco, divertido e nada usual.
Idea orixinal: Yllana e Rami Eldar
Creado e dirixido: Yllana
Dirección Artística: David Ottone e Joe O’Curneen
Dirección musical: Marc Álvarez e Manuel Coves
Voces:
- Mayka Teba, mezzosoprano
- Juan Carlos Coronel, contratenor
- Carolina Rocío Gómez, soprano
- Javier Agulló, tenor
- Axier Sánchez, barítono
Vestiario e escenografía: Tatiana de Sarabia
Deseño de iluminación: Pedro Pablo Melendo
Web de Yllana: yllana.com