ÁS PARA ÁLEX

DATOS BÁSICOS

BAOBAB TEATRO

(Teatro)

 

Idade recomendada: Infantil, 1º e 2º Primaria

Duración: 45 min

Lingua: galego

 

Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos ao que lle encanta correr, xogar, quedar cos amigos e amigas, ir ao parque... A súa paixón é o fútbol. Pero un día Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, non camiña…e coma calquera neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can e ata co fútbol.

Álex enfádase co mundo e asáltano moitas preguntas: por que a min? Por que non podo xogar? Por que, por que e por que?... Está tan enfadado que deixa de mirar ao seu arredor, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e sen pedir permiso, pero con moito coidado e cariño, entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.

 

Dirección: Andrea Bayer e Óscar Ferreira

Guión: Andrea Bayer

Dirección de manipulación: Óscar Ferreira

Actores/Actrices: Cora Velasco e Xose Esperante

Deseño de escenografía: Óscar Ferreira

Construción de escenografía: Óscar Ferreira

Vestiario: Baobab Teatro

Deseño de iluminación: Daniel Abalo

Deseño de espazo sonoro: Daniel Abalo

Monicreques e aderezo: Óscar Ferreira

Deseño e publicidade: Ismael Calvo (Ovo Publicidade)

Material audiovisual: Ana Tasende

Duración: 
45 min
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que mandaremos aos centros de ensino en setembro

Funcións: 
Mércores, 8 Marzo, 2023
10:00
Teatro Principal
Mércores, 8 Marzo, 2023
12:00
Teatro Principal