¿QUIÉN ES EL SEÑOR SCHMITT?

Auditorio de Galicia
DATOS BÁSICOS

‘¿Quién es el señor Schmitt?, un tipo de obra nada común. O que empeza como unha sorprendente comedia, de súpeto convértese nun thriller de suspense, para terminar acariciando o drama e incluso, finalmente, a traxedia. E todo regado polas augas do absurdo. Un absurdo que emana coherencia e sensatez polos catro costados.

Unha obra que, desde o seu comezo, non busca pechar a historia senón que o público lle poña o seu propio final. Da autoría de Sébastien Thiéry, en versión e coa dirección de Sergio Peris-Mencheta, está protagonizada por  Javier Gutierrez e Cristina Castaño. Chega a Compostela dentro de PLATEA, o Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios das Entidades Locais, organizado polo INAEM en colaboración coa FEMP (Federación Española de Municipios y Provincias).

SINOPSE

O señor e o señora Carnero cean tranquilamente na súa casa, cando de súpeto soa o teléfono.

Pero os Carnero non teñen teléfono.

O misterioso interlocutor insiste en falar cun tal señor Schmitt...

E o que é máis estraño aínda, os Carnero descobren que están encerrados no interior dunha casa que non parece a súa casa: os cadros cambiaron, os libros non son os seus libros, a roupa dos seus armarios non lles pertence...

O pánico apodérase de todo,

O pesadelo non fixo máis que comezar.

Son seica o señor e a señora Carnero, sen sabelo,

o señor e a señora Schmitt?

Quen está tolo?

Quen está en posesión da verdade?

El? Ela? Os “outros”?

O espectador?

Quen é o señor Schmitt?

Duración: 
1 h 25 min
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto desde 1 h 30 m antes de que comece o espectáculo
compostelacultura.gal

PREZO: 14 € (descontos habituais do 50%)

Funcións: 
Xoves, 15 Novembro, 2018
20:30
Auditorio de Galicia