PREGUNTAS FRECUENTES EN RELACIÓN AO ADIAMENTO E/OU SUSPENSIÓN DAS ACTUACIÓNS

Actualizaremos esta páxina coas preguntas que nos chegan habitualmente relativas ao ADIAMENTO E/OU SUSPENSIÓN DAS ACTUACIÓNS

Recomendámosche que te subscribas á AXENDA C para estar informado ao momento de todas as novidades e que nos sigas nas redes sociais Facebook, Twitter.

________

ESTÁ CANCELADA TODA A ACTIVIDADE CULTURAL?

Si desde hoxe 13 de marzo ata a fin da alerta sanitaria.

PODO RECUPERAR O IMPORTE DA MIÑA ENTRADA UNHA VEZ MERCADA?

Si, para todos os espectáculos que foran suspendidos con motivo de frear o avance do COVID-19 ou adiados no caso de que non che interese a nova data

PODEN ESTOS ESPECTÁCULOS CELEBRARSE NUNHA NOVA DATA?

Estamos traballando para intentar recolocar en novas datas o maior número de espectáculos posible

QUE OCORRE NO CASO DE QUE ACTUACIÓN QUE SE CANCELA POIDA TER LUGAR NOUTRA DATA?

De ser posible cambio de data para a actividade, o/a espectador/a pode manter as súas localidades ou solicitar o reembolso das mesmas

COMO RECUPERAR A DEVOLUCIÓN DAS ENTRADAS EN CASO DE SUSPENSIÓN DEFINITIVA DE FUNCIÓN / CONCERTO

  • Para as entradas mercadas en compostelacultura.gal, unha vez comunicada a suspensión procederase ao reembolso de forma automática, na mesma conta da tarxeta coa que se fixo a operación
  • Para as entradas mercadas na billeteira do Teatro Principal a devolución farase na propia billeteira, unha vez finalizadas as medidas de restrición. Unha vez rematado o período de restrición comunicarase os días dispostos para a devolución.

CAL SERÁ O HORARIO E DÍAS DE DE REEMBOLSO DE ENTRADAS NA BILLETEIRA?

Será comunicado por todas as canles unha vez finalizadas as medidas de restrición

ESTA PECHADA A SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO DE GALICIA

Si, ata que se poida recuperar a actividade normal

QUE PASA SE SON ABONADO DOS CONCERTOS DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA?

Unha vez rematadas as medidas de restrición, procederase a contactar con todas e todos os abonados para proceder aos reembolsos oportunos

QUE PASA COAS ACTIVIDADES REALIZADAS POR OUTROS PROMOTORES NAS INSTALACIÓNS DO AUDITORIO DE GALICIA E DO TEATRO PRINCIPAL?

Quedan suspendidas as actividades realizadas por outros axentes nas instalacións municipais.

Cada promotor deberá informar debidamente do posible cambio de data ou suspensión do evento concreto.

ESTA PECHADO O SERVIZO DE CAFETARÍA DO AUDITORIO DE GALICIA

Si, ata que se poida recuperar a actividade normal

PARA CONSULTAS

Teléfono: De 10.00 a 14.00h de luns a venres 981 574152/3

Mail: informacion@compostelacultura.gal