CONVOCATORIAS ABERTAS

UNDÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS

O Auditorio de Galicia convoca a undécima edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2019 co obxectivo de fomentar os valores culturais e a promoción das novas e novos artistas de Galicia, estimular o seu labor creador e apoiar e incentivar a creación e difusión das súas obras. Poderán participar artistas que nacesen ou residan en Galicia e sexan menores de 40 anos o 31 de decembro de 2019.

As/os artistas deben presentar a documentación antes das 14.00 horas do venres 12 de abril de 2019.

PROPOSTAS DIDÁCTICAS PARA O CURSO ESCOLAR 1019/20

Envío de propostas:

Data de inicio: 10 de abril 2019

Data de remate: 28 de abril 2019