CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS DE CREACIÓN ARTÍSTICA E ESTADÍAS TÉCNICAS PARA PROXECTOS DE ARTES ESCÉNICAS CURSO 2019-2020

O Concello de Santiago de Compostela abre a terceira convocatoria de residencias de creación ou estadías técnicas para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán (situada no Centro Sociocultural de Santa Marta). As residencias serán de creación e investigación artística contando con apoio loxístico e técnico pero en ningún caso conlevarán dotación económica ningunha. As autorizacións concédense gratuitamente ao abeiro do artigo 92.5 da LPAP.